24 agosto 2011

Un conto dedicado aos amigos

De pequeno, camiñando polo peirao da Coruña eu lle preguntaba sempre o meu pai como era que as barcas que fendian o mar, non lle facian mal. Meu pai, supoño que xa farto, me dixo un dia, que o mar era tan educado que cando chegaban as barcas se botaba a un lado para deixalas pasar, e o ronsel que deixaban eran as ondas do mar que empuxaban e empuxaban pra axudalas a arribar.
Os amigos verdadeiros, son como o mar do conto de meu pai: Sempre no seu sitio, apartandose para non molestar, e axudando e axudando para que todo chegue, e ao rematar volta ao seu sitio, como a marea, listos para volver a axudar. Remato con un poema que sempre me gustou moito:

Vives no suave corazón da choiva,
desta salvaxe noiva que me apreta
na quentura das eiras amorosa